Manifesto

ar bg ca cs de el en eo es eu fi fr gl hu it nl pl pt sk sv tr
Download as PDF
  1. transporte público debe desempeñar un papel máis relevante nas viaxes nacionais e internacionais en toda Europa; é especialmente importante para a rexeneración rexional, pola súa contribución á cohesión social, á mellora do medio ambiente, ao aforro de emisións e de enerxía, e á seguridade no transporte.
  2. As tarifas, o sistema de billetaxe e as políticas financeiras deberían fomentar activamente o uso do ferrocarril e dos outros modos de transporte público.
  3. Deben gozar de prioridade as opcións de transporte público respectuosas co medio ambiente.
  4. As viaxes débense poder realizar con bos transbordos sempre que sexa posible, con conexións fáciles e garantidas, ou con alternativas razoables no caso que xurdan problemas.
  5. A compra de billetes debe ser simple, con reservas de asento ou de praza en coche- cama, e deben poderse realizar en calquera país e desde calquera lugar. Os billetes e as reservas deberían poderse formalizar a través dun amplo e diverso sistema de puntos de venda.
  6. A información débese conseguir facilmente e ten que ser de fácil comprensión, tanto nos servicios nacionais como nos internacionais; polo menos debe ser tan fácil de conseguir e de comprender como hoxe éo para as viaxes que se fan en automóbil.
  7. Os pasaxeiros han ser axeitadamente consultados polos operadores no momento de planificar os servicios e as instalacións de transporte.
  8. dereito básico á indemnización e á compensación hase de harmonizar en toda Europa e débese aplicar sobre todas as formas de transporte público.
  9. Débese alentar aos operadores a cooperar entre eles dunha maneira máis eficaz para promover as viaxes internacionais de longa distancia en ferrocarril, de xeito que ofreza unha alternativa atractiva ás viaxes en avión.
  10. transporte público ten que ser accesible a todos os sectores da sociedade.
  11. As viaxes transfronteirizas de curta distancia débense poder facer facilmente e cun nivel de prezos realista.
  12. Os servicios en tren, autobús, avión e os servicios marítimos ou fluviais débense integrar axeitadamente. Deben producirse melloras, ademais, nas ligazóns cos principais aeroportos e portos marítimos a través do ferrocarril e o autobús, e, sempre que sexa posible, con sistemas de billetes integrados.
  13. As liñas internacionais e nacionais de ferrocarril de alta velocidade deben seguir desenvolvéndose, pero non a custa do progreso do resto de sistemas de transporte.
  14. acceso aos servicios de longa distancia de tren e de autobús, a través dos sistemas locais de transporte público, debe ser fácil e debe dispoñer de ligazóns eficaces.
  15. As vantaxes logradas na seguridade do transporte público débense preservar e mellorar.